Condenado a 9 meses o home que ameazou a Xulio Ferreiro con "meterlle un tiro no occipital"

"Cando un asume un compromiso público sabe que vai ter que pasar por cousas, digamos, desagradables. Pero debe haber límites", escribiu o ex rexedor en Twitter.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/01/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O xulgado número tres do penal da Coruña condenou a nove meses de prisión a un home, con identidade M.F.C.B., por ameazar a través da rede social Twitter con pegarlle "un tiro" ao que foi alcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica, Xulio Ferreiro.

Nunha sentenza con data do 22 de decembro e á que tivo acceso este mércores Europa Press, a maxistrada condena ao acusado como autor dun delito de ameazas a 9 meses de prisión, así como a indemnizar con 2.000 euros ao que fose rexedor da cidade da Coruña.

En concreto, segundo o fallo, o home escribiu nesta rede social unha publicación na que podía lerse "quizás el golpe definitivo sería meterle a Xulioferreiro@mareatlantica un tiro en el occipital... Así se acabarían los problemas en La Coruña. Hartos de esta Gentuza", unha mensaxe que acompañou dunha fotografía do exrexedor.

"La solución para La Coruña sería la misma que para Xulio Ferreiro que para Carrero Blanco subir a los cielos", publicou noutro 'tuit' que acompañou dunha ligazón a unha noticia sobre o atentado de Carrero Blanco. Por último, unha terceira publicación escribiu: "Es triste desear que a un político le trepanen el occipital con una 7.95 pero es lo que buscan".

Coñecida a sentenza, contra a que cabe recurso de apelación no prazo de dez días, e tamén a través da rede social Twitter, o que foi alcalde da Coruña celebrou a decisión xudicial. "Cando un asume un compromiso público sabe que vai ter que pasar por cousas, digamos, desagradables. Pero debe haber límites, e esá ben que así se recoñeza. Non me alegro de que ninguén ingrese en prisión, pero si de que se saiba que non todo vale", manifesta na súa mensaxe.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña / EP / Europa Press
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña / EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Ricardo R.

Me parece bien, pero ¿para cuando las condenas a la marquesa, el marques, Yoli, y otros miembros de su partido que hablaban de aplicar guillotina a quienes discrepan de su forma de pensar?

1 Richi

Que ben repites o que escoitas na radio de madrid. Iso si, ao escribir o que escoitas, cometes varias faltas de ortografía, se cho sabe Jiménez Losantos...

2 Ricardo R.

Yoli (Richi), ¿cuándo vas a pagar por tus alusiones a la guillotina?

1 Gamela

Cicais fose máis rendible democráticamente unha condea de 9 meses de servizos sociais supoño que A Coruña terá traballos sociais interesantes para este tipo de salvapatrias / Comedores Sociais / e os 2.000 € poderían repartirse en axudas de emerxencia aos que aínda non cobraron o IMV (?)