Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/01/2021 | Actualizada ás 17:14
O Camiño de Santiago foi elixido polos lectores do diario The New York Times como un dos "lugares para amar" e visitar en 2021, segundo publicou este xornal tras facer unha sondaxe entre os seus seguidores acerca dos lugares que os deleitaron ", inspiraron e consolaron" no "escuro" ano 2020.
Entre as máis de 2.000 suxestións remitidas, o diario seleccionou 52 propostas, e unha delas foi a enviada polo escritor Sam Michaux, quen recalcou que a Ruta Xacobea supón unha experiencia que "é máis sobre un mesmo, que sobre buscar un 'selfie' ("more about the self than the selfie").
Segundo relatou este lector, percorreu, xunto ao seu avó de 80 anos, catro rutas do Camiño de Santiago e os seus percorridos "foron oportunidades sen distraccións". Así, recoñeceu que, aínda que non esperaba gozalo, sorprendeuse "apreciando tanto a meditación forzada como aos compañeiros de viaxe" que coñeceron polo camiño.
Michaux explicou que fixeron a primeira ruta en 2007 e que volveu varias veces e que espera volver co seu avó para completar os últimos 100 quilómetros do Camiño francés, en nome do seu pai, recentemente falecido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.