Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2021 | Actualizada ás 20:57
Outras nove persoas diagnosticadas con coronavirus faleceron en Galicia nas últimas horas, o que eleva o cómputo de vítimas da pandemia na Comunidade galega a 1.454. Con todo, desde o Sergas indican que hai catro que están pendentes de confirmación por Saúde Pública.
En concreto, segundo trasladou a Consellería de Sanidade este domingo, trátase de dúas mulleres e sete homes que permanecían ingresados en distintos hospitais da comunidade. Ningún deles estaba vinculado con residencias e todos tiñan patoloxías previas.
As dúas vítimas mortais de xénero feminino producíronse no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceron dúas mulleres de 88 e 76 anos, respectivamente. Con todo, este dato aínda está por confirmar, segundo fontes sanitarias. O mesmo acontece con outras dúas vítimas mortais no CHUVI de Vigo, dous homes, neste caso, de 83 e 67 anos de idade.
No CHUS de Santiago morreron dous homes de 85 e 61 anos. Os tres falecidos restantes producíronse no Hospital Comarcal da Mariña (un home de 80 anos), no CHUO de Ourense (home de 72 anos) e no CHOP de Pontevedra (outro home de 74 anos de idade).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.