Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 21:09
A Consellería de Sanidade notificou este martes outros 12 falecidos con covid-19 en Galicia, co que a cifra total de vítimas da pandemia ascende a 1.474. Destas 12 vítimas, a metade procedía de residencias de maiores.
En concreto, seis dos enfermos faleceron no Hospital Clínico de Santiago. Trátase de dous homes de 89 anos, dunha muller da mesma idade, dunha muller de 87 anos, dun home de 65 e dunha muller de 89. Esta última procedía da residencia Servisenior de Brión. Ademais, no ámbito hospitalario, notificouse o falecemento dun home de 85 anos que se atopaba ingresado no Hospital da Coruña.
As outras cinco mortes notificadas producíronse en centros residenciais. Mais ao detalle, na residencia integrada Cegadi faleceron un home de 87 anos e outro de 69 procedentes da residencia de Ribeira, así como unha muller de 90 anos do Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, rexistrouse a morte dun usuario de 90 anos da residencia Paz e Ben de Tui, que este martes foi intervida pola Xunta, e dunha muller de 84 anos na DomusVI Vimianzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.