Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2021 | Actualizada ás 14:52
O sorteo da Primitiva do pasado sábado 17 de xaneiro deixou un premio de case 800.000 euros para unha aposta selada nunha administración da localidade coruñesa de Monfero. Alí, nun establecemento situado na rúa Ponte da Pedra validouse un boleto que resultou ser acertante do seis números agraciados no sorteo do sábado --01 28 30 34 48 e 49--.
Unha combinación acertada, ademais de pola aposta selada en Monfero, por outro boleto vendido en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona). Ambos os acertantes levan un premio de 784.563,10 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.