Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 19:01
Volve a caer a polémica sobre Núñez Feijóo polo seu emprego da máscara en espazos públicos. O máximo representante do Goberno galego foi fotografado este martes, 19 de xaneiro, en plena rúa coa cara descuberta.
Na imaxe, publicada polo Concello de Ourense na súa páxina de Facebook, apréciase ao presidente da Xunta ás portas do Pavillón dos Remedios, ao que acudiu con motivo da finalización das obras de reforma que estaban a ter lugar no seu interior Feijóo xa foi duramente criticado por ter acudido a un acto electoral o pasado mes de decembro na Coruña sen portar a máscara obrigatoria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.