Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/01/2021 | Actualizada ás 22:15
O Partido Galego propón unha Tarifa Eléctrica Galega para evitar a pobreza enerxética no país. Unha tarifa que contemple os criterios de proximidade da produción evitando, di, "peaxes de transporte e desconto comparativo ás consecuencias negativas xeradas na produción desta enerxía no territorio galego".
E é que este partido pregúntase "como é posible que haxa pobreza enerxética en Galicia cando é excedentaria de enerxía". Nun comunicdo destaca que, a pesar de que Galicia produce e exporta enerxía, nos momentos de maior necesidade enerxética, como nesta última vaga de frío, a tarifa da luz subiu preto do 30% o que se traducirá nun incremento superior ós 20€ de media nas próximas facturas de uso doméstico.
Por iso, tamén reclama un regulamento da enerxía que impida as subas conxuntas e paralelas das grandes empresas enerxéticas nos momentos en que existe maior demanda nos mercados e que existan unhas limitacións nos prezos máximos da enerxía. "Recordemos pois que o goberno de Portugal vai a pagar o 10% do total das facturas da luz", indica.
Ademais, pide a redución do 21% de IVE ao 6% porque "aconsideración actual que ter luz ou calefacción é un luxo e non un servizo esencial debe mudar" e apunta que Francia aplica o 5,5% da parte fixa da factura e Portugal aplica o 6%.
"Tanto as familiar como as empresas galegas atravesan o grave problema de facerlle fronte ó recibo da luz a pesar de que Galicia sexa a primeira comunidade produtora de enerxía eléctrica en fontes renovabes e que ademáis exporte enerxía de forma gratuíta ao resto do Estado español", critica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.