Alcoa abre a porta a vender á SEPI a planta de Cervo tras reducir as súas perdas nun 85%

A multinacional asegura que se atopa "exemaninando alternativas, incluída a vneta "se España quere seguir producindo aluminio"

Por Europa Press / Redacción | Alcoa | 21/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas de 170 millóns de dólares (140 millóns de euros) ao peche do exercicio 2020, o que supón reducir nun 84,9% os 'números vermellos' contabilizados pola multinacional en 2019, segundo informou a empresa, que continúa buscando alternativas para a súa planta de San Cibrao, incluída a súa venda a SEPI "se España realmente quere seguir producindo aluminio".

"Continuamos examinando alternativas, incluída unha posible venda da fundición a unha empresa estatal", sinalou o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey, nunha conferencia con analistas.

A multinacional de Pittsburgh rexistrou no conxunto do último exercicio unha cifra de negocio de 9.286 millóns de dólares (7.654 millóns de euros), o que representa unha caída do 11% en comparación coas súas vendas do exercicio precedente.

No último trimestre de 2020, Alcoa rexistrou perdas de 4 millóns de dólares (3,3 millóns de euros), case un 99% menos que no cuarto trimestre de 2019, cando perdeu 303 millóns de dólares (250 millóns de euros), mentres que as súas vendas diminuíron un 1,8%, ata 9.286 millóns de dólares (7.654 millóns de euros).

"Tivemos un cuarto trimestre moi sólido e o traballo que logramos en 2020 sitúanos ben para aproveitar os beneficios da melloría do mercado", sinalou Harvey, quen destacou que, nun ano moi difícil, a compañía logrou varias marcas de produción e un progreso significativo na súa estratexia multianual.

Imaxe da fábrica de Alcoa en San Cibrao. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Imaxe da fábrica de Alcoa en San Cibrao. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta