Suspendidas as saídas de fin de semana para os residentes en centros de atención á discapacidade

O réxime de visitas nestes centros manterase limitado a unha á semana por cada persoa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

A Xunta suspendeu as saídas de fin de semana para os residentes nos centros de atención á disacapacidade de Galicia ante o empeoramento da evolución da pandemia.

Nun comunicado, a Consellería de Política Social apunta que a medida será revisada unha vez conclúa o proceso de vacinación nas residencias e a inmunidade de usuarios e traballadores estea garantida. Así mesmo, o réxime de visitas nestes centros manterase limitado a unha á semana por cada persoa de referencia cunha duración máxima dunha hora.

Nestes momentos, os centros de atención á discapacidade contabilizan un total de 72 casos de covid-19 entre usuarios e outros 29 entre traballadores.

A maior parte dos contaxios están focalizados en dous centros: o Padre Menni de Betanzos, con 41 usuarios infectados e 14 positivos no seu persoal de empregados; e A nosa Señora de Fátima e Cristo rei de Crecente, con 29 casos nos seus residentes e seis entre os seus traballadores.

Tamén hai casos de covid-19 entre os usuarios da residencia de Bergondo e na DomusVi de Bóveda. Pola súa banda, no apartado de traballadores infectados, a Aspace de Sada mantense con dous casos no seu persoal, hai tres na residencia de Bergondo e un no CAPD da Coruña, a Casa Lamastelle de Oleiros, a DomusVi Bóveda e a RPD Aseme de Chantada.

Traslado dun paciente con Covid ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Traslado dun paciente con Covid ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta