Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 20:53
As mortes pola pandemia en Galicia sitúanse en 1.599 tras rexistrarse este venres o falecemento doutras 15 persoas que foran diagnosticadas con covid-19, entre eles un home de 46 anos que non tiña patoloxías previas.
Segundo comunicou este venres a Consellería de Sanidade, o resto dos falecidos si presentaban outras patoloxías, entre os que se inclúen seis usuarios de residencias de maiores. Así, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña faleceu este home de 46 anos, unha muller de 86 e outro home de 69 anos de idade.
Asemade, no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) perderon a vida dúas mulleres, de 76 e 87 anos; mentres que no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) morreu un home de 65. No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) perdeu a vida un home de 84 anos, mentres que no de Pontevedra (CHOP) morreu un de 74.
Ademais, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) faleceu un home de 64 anos, outro de 95 procedente da residencia Paz e Ben de Tui), e unha muller de 90 usuaria da residencia Las Angélicas de Vigo.
Tambíen morreu un home de 82 anos na Santa Teresa de Jornet, outro de 87 na DomusVI de Vimianzo, unha muller de 91 na San José de Arzúa e outra de 82 na DomusVI de Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.