A Gürtel deixou probas de pagos en B do PPdeG

GC accedeu recentemente a parte do sumario do caso Gürtel. Nos tomos pódese comprobar ao detalle como o PP galego financiaba con diñeiro negro parte das súas campañas.

Por Walter Burns | Santiago | 16/07/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Así, nas eleccións de 1997 o sumario inclúe multitude de facturas de FCS (propiedade do imputado Francisco Correa) ao PPdeG (cuxo secretario de organización era daquela o imputado Pablo Crespo). Esta 'contabilidade A' enmascara unha 'contabilidade B', da que os presuntos corruptos tamén deixaron constancia por escrito. 

Documentos do sumario da Gütel sobra a campaña do PP de 197
Documentos do sumario da Gütel sobra a campaña do PP de 197

41% de pagamentos en negro

Por exemplo, o manuscrito titulado "Liquidación Elecciones Gallegas"  deixa constancia que as empresas do grupo presuntamente corruptor emitiron oito facturas ao PP por valor de máis de 88 millóns. Agora ben, a trama tamén deixou constancia de tres pagamentos en "B" por valor total de máis de 62 millóns de pesetas. É dicir, nesa campaña o financiamento iregular foi aproximadamente do 41%.

Os lectores de GC, que axudan economicamente ao mantemento deste xornal, poden ler o documento orixinal aquí.

Ademais de cobros en negro, as empresas do Gürtel tamén deixaron constancia documental de pagamentos en negro aos subcontratados para os mítines.

Documento contábel da trama Gürtel no que se anota pagamentos en negro polas eleccións galegas de 1997
Documento contábel da trama Gürtel no que se anota pagamentos en negro polas eleccións galegas de 1997

As señoras da limpeza cobraban en B

Por exemplo, no documento "Pagos en efectivo en campaña Elecciones Gallegas"  aparecen pagameos a persoal auxiliar -por exemplo, as señoras da limpeza ou aos técnicos de iluminación- por valor de 405.000 pesetas. Tamén hai "gratificaciones personal" por 300.000 pesetas. Non hai facturas que proben que ese diñeiro se pagou regularmente. De feito, nun caso o que hai é un recibí por 50.000 pesetas pagadas en man por Raúl Gascón, un dos directivos das empresas da trama.

Bárcenas e Cuíña

O sumario proba que o grupo presuntamente corruptor se encargaba de toda a loxística do PP. Dende organizar mitins para Fraga até eventos de novas xeracións. Cando algún provedor tiña algún problema coa trama, Francisco Correa enviaba cartas informando tanto a Crespo como ao daquela xerente Luís Bárcenas.

Tamén aparecen facturas por gastos de Xosé Cuíña, daquela número dous dos conservadores galegos. 

O PPdeG sempre argumentou que rompeu coa trama en 1999, cando se decataron das irregularidades presuntamente argalladas por Pablo Crespo, daquela o seu número 3. Porén, o sumario tamén indica que os conservadores galegos seguiron a traballar coa Gürtel unha vez que Crespo emigrou a Madrid, pois hai pagamentos en negro até, polo menos, 2003. 

Os gcpluseiros poden acceder ao resume da contabilidade incluído os pagamentos en B, aos pagamentos en efectivo aos auxiliares, as cartas de Correa a Bárcenas  e aos actos organizados para Cuíña, aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Independentista

É a vez número 16 que poñedes o mesmo. Queremos saber das campañas de Feijoo e dos documentos como o do El Paìs que falan de 2007.

1 Ramón

Es Crespo ou es Cuiña? Fódeche, verdade?