Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2021 | Actualizada ás 21:38
A cifra de mortos pola Covid segue aumentando de xeito alarmante día tras día. Este luns, 25 de xaneiro, a Xunta anunciou 27 persoas falecidas nun novo reconto no que recolle as mortes dos últimos catro días e que suman xa 1.649 desde o inicio da pandemia.
"Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19", apunta o Sergas nun comunicado. Dos case 30 falecidos, oito procedían de residencias de anciáns.
A cifra de mortos pola Covid segue aumentando de xeito alarmante día tras día. Este luns, 25 de xaneiro, a Xunta anunciou 27 persoas falecidas nun novo reconto no que recolle as mortes dos últimos catro días. Un novo triste récord, o de maior número de falecidos desde abril e que xa suma 1.649 desde o inicio da pandemia.
"Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19", apunta o Sergas nun comunicado. Dos case 30 falecidos, oito procedían de residencias de anciáns.
Destas 27 mortes, catro rexistráronse o venres. Tres deles estaban ingresados no Complexo Hospitalario de Santiago, dúas mulleres de 84 e 42 anos e un home de 84, mentres que outra muller (tamén de 84 anos de idade) faleceu na residencia integrada CEGADI (procedía de DomusVi de Ribeira).
O día 23, pola súa banda, faleceron catro mulleres de 89, 90, 74 e 58 anos, respectivamente, na DomusVi de Carballo, a residencia integrada Cegadi (procedía de DomusVi de Ribeira) e no Chuvi (as dúas últimas), respectivamente.
A xornada con máis casos foi a do domingo 24, con 16 falecidos, entre eles un home de 84 anos no Hospital de Verín e cinco persoas no CHUF: un home de 85 anos, outro de 94 anos, unha muller de 87 anos que procedía da residencia Mi Casa de Ferrol, un home de 83 e unha muller de 67 anos.
Tamén faleceu un home de de 68 anos no Hospital Quirón dá Coruña, un de 89 anos no Chuvi, unha muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, unha muller de 88 e un home de 84 no CHUO, unha muller de 91 anos no HM-Modelo Belén dá Coruña, un home de 95 anos no Hospital da Mariña, dous homes de 60 e 91 anos e unha muller de 76, este tres na residencia DomusVi de Carballo.
Finalmente este luns faleceron un home de 92 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 78 na DomusVi de Carballo e outra de 83 anos no Chuac.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.