Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/02/2021 | Actualizada ás 14:38
A planta da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), situada en Cerceda, tratou case 160 toneladas de residuos sanitarios de baixo risco ao longo das dúas primeiras ondas da pandemia e o comezo da terceira.
En concreto, foron 157.000 quilos de refugallos de hospitais e centros de saúde que se reparten entre as tres ondas da seguinte maneira: 65.000 quilos entre o 21 de abril e o 21 de maio --primeira onda--; 69.800 entre o 23 de novembro e o 18 de abril --segunda--; e 22.700 quilos entre o 11 e o 15 de xaneiro --inicio da terceira--.
Estes datos ofreceunos este martes a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez, ao responder na Comisión a unha pregunta da deputada do PSdeG Paloma Castro sobre os residuos sanitarios producidos durante a crise da covid-19.
Pérez explicou que ao comezo do primeiro estado de alarma o Goberno ditou unha orde --o 19 de marzo do 2020-- como "mando único" que establecía que estes refugallos deberían destinarse a un vertedoiro "ou a incineración".
Deste xeito, ante o "incremento exponencial de residuos sanitarios" non reciclables, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recorreu á empresa pública Sogama para que asumise os que fosen de baixo risco, entre eles luvas e máscaras desechables.
Ata alí transpórtanse "baixo un estrito protocolo de seguridade" e tritúranse e acondicionan "para convertelos en combustible" co que xerar enerxía eléctrica, un labor para a cal "se contratou persoal externo", abordou.
RESIDUOS DE RISCO
Así mesmo, a directora xeral explicou que se autorizou á concesionaria da "xestión habitual" dos refugallos do Sergas a utilizar "terreos e emprazamentos adicionais" para poder almacenar os excedentes destes residuos.
Unha vez decaído o primeiro estado de alarma e as instrucións do Goberno, e ante os posteriores rebrotes da pandemia, foi a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático a que resolveu en outubro que se continuase con este sistema, polo que a Xunta entende "que non é necesaria unha normativa adicional": "Temos claras as pautas".
"A outras comunidades non lles quedou máis remedio que almacenar estes residuos nun vertedoiro. Nós contamos cun xestor ao que se autorizou un almacenamento adicional (...) e con Sogama", resumiu posteriormente Pérez Casteláns.
A directora xeral asegurou que a Xunta "fixo os deberes" neste sentido ante un "contexto de total desentendimiento" por parte do Goberno central, do que lamenta que non concordase "con máis detalles" coas comunidades a xestión dos residuos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.