Por Galicia Confidencial | Bueu | 24/07/2013 | Actualizada ás 18:07
As mareas vivas xogáronlle unha mala -e sorprendente- pasada aos dous mariñeiros do barco, que quedou atrapado e balanceándose sobre unha gran rocha. Ningún sufriu danos físicos e quedaron no barco á espera de que subise de novo a marea para volver navegar.
A imaxe sorprendeu aos veciños de Beluso, onde mesmo algúns paisanos facían chanzas deste peculiar suceso. E o que non debía pasar dunha pequena anécdota para os dous mariñeiros do 'Mar Aberto', acabou converténdose en toda unha noticia que se publicou en varios medios galegos e estatais. Curiosos, televisións e fotoxornalistas achegáronse para rexistrar a peculiar imaxe mentres os mariñeiros agardaban a que as mareas os devolvesen ao mar.
Tamén nas redes sociais foi comentada esta imaxe que, noutros tempos, apenas tería pasado de anécdota local pero que hoxe se propagou pola rede
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.