Os centros galegos rexistran case 4.000 casos e a Xunta fala de baixada na incidencia con 40 contaxiados menos

As aulas pechadas tamén descenden aínda que en menor medida, mentres que a comunidade aínda mantén catro centros clausurados: a escola infantil Cáritas-Tui de Vigo, a municipal de Viveiro, a Jorge Juan de Fene e o centro de educación especial Miño de Ourense, que suma 12 positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O total de positivos por COVID-19 nos centros educativos galegos descendeu por primeira vez na terceira onda da pandemia, ata os 3.917, rompéndose así a tendencia de incremento constante de casos activos na que cada día se rexistraba un novo máximo desde o inicio de curso.

O balance facilitado pola Xunta este mércores sitúa os casos activos en centros, institutos e escolas infantís reflicte case 40 casos menos que a xornada anterior pero que aínda se atopa moi próximo á barreira dos 4.000 positivos.

As aulas pechadas tamén descenden aínda que en menor medida, mentres que a comunidade aínda mantén catro centros clausurados: a escola infantil Cáritas-Tui de Vigo, a municipal de Viveiro, a Jorge Juan de Fene e o centro de educación especial Miño de Ourense, que suma 12 positivos.

Do mesmo xeito, a situación mantense en termos similares no número de casos por área sanitaria, aínda que seguen incrementándose nos centros da Coruña que segue aglutinando o maior número de positivos (1.046 e 38 aulas pechadas).

O CEIP Ponte dos Brozos con 28, o IES Manuel Murguía con 27 ou o CEIP de Arteixo con 22 son algúns dos casos máis destacados, ademais do CPR Plurilingüe Liceo A Paz (33) o CPR Eiris (27), o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha (27) ou o CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco (20), todos eles no municipio da Coruña.

VIGO, A SEGUNDA

A área de Vigo sitúase, pola súa banda, nos 719 positivos e as 53 aulas pechadas, ademais dun centro. Entre eles atópanse os 24 do CEP Altamira de Salceda de Caselas ou o CPI da Cañiza (22).

Así mesmo, os centros da área de Santiago rexistran 550 casos e polo menos 20 aulas clausuradas, entre eles o CPR Plurilingüe San José de Cluny (17), o CPR Plurilingüe La Salle (16), ou o CEIP A Ramallosa de Teo, cos mesmos positivos.

No caso da área de Pontevedra, os centros contan con 530 casos e 23 aulas pechadas, e destacan o CEIP Plurilingüe Cruceiro (27) ou o CPR Santiago Apóstolo de Soutomaior, con 20.

OURENSE, LUGO E FERROL

A seguinte na listaxe é a área de Ourense con 406 positivos, 30 aulas clausuradas e un centro pechado, especialmente no CEIP A Ponte con 20 contaxios e dúas unidades afectadas.

A área de Lugo conta con 368 positivos, 12 aulas e unha escola infantil clausurada, e os puntos máis importantes son o IES Río Cabe de Monforte con 30 ou o IES Santiago Basanta con 21.

Finalmente, a área de Ferrol rexistra 298 contagios, 18 aulas e escola pechada, especialmente no CPR Santiago Apóstolo de Narón (15) e o Cruceiro Freijomil de Pontedeume.

Estudante galega con apuntamentos e estoxo nunha aula de Galicia. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press
Estudante galega con apuntamentos e estoxo nunha aula de Galicia. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta