Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/02/2021 | Actualizada ás 15:05
“É un mix que cremos nel e non só nos cribados de antíxenos. Cremos que debemos mesturar a persoas para facer probas de antíxenos e probaas PCRs tradicionais de análise de laboratorios”. Foi a resposta que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo deu este xoves tras preguntarlle GC sobre a baixa positividade que hai nos cribados masivos das grandes cidades como en Vigo, onde só se detectaron 24 casos tras realizarse 21.000 probas.
Hai uns días, especialistas e epidemiologos puñan en dúbida a realización destes cribados masivos polo consumo de recursos sanitarios que se fai e a pouca efectividade dos mesmos. E é que a maioría das probas fanse con test de antíxenos, moito menos eficaces que as PCR. Con todo, Feijóo insistiu en facer este tipo de probas porque “é o que as sociedades científicas nos manifestan”, dixo.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo destacou que, diariamente, estanse facendo entre 11.000 probas PCR e máis de 11.000 probas de antíxenos. “Os antíxenos son moi eficentes con pacientes con síntomas pero é menor cos que non manifestan síntomas. Para eses é máis eficente a PCR”, recoñeceu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.