Dez novos falecidos por COVID aumentan a lista a 2.096 mortes en Galicia

Todas as vítimas tiñan patoloxías previas. A metade foron contabilizadas no CHUAC, sendo a área sanitaria da Coruña unha das máis afectadas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/02/2021 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O número de mortes por COVID en Galicia suma 10 novas vítimas ao contabilizarse novos falecementos entre o día venres 12 de febreiro e o domingo 14.

Un cribado para detectar casos de Covid na área sanitaria de Santiago e Barbanza.. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO
Un cribado para detectar casos de Covid na área sanitaria de Santiago e Barbanza.. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO

Así, no Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) faleceron cinco persoas: tres mulleres de 70, 92 e 87 anos respectivamente e dous homes de 81 e 64 anos. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo os falecidos foron tres; dous homes de 81 e 51 anos e unha muller de 84.

Pola súa parte, no Centro Hospitalario de Pontevedra (CHOP) faleceron dúas mulleres de 82 e 76 anos. Todas as vítimas padecían patoloxías previas segundo informa o SERGAS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta