Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 21:00
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, ao que se suman máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, promove nun manifesto a eliminación do monumento fascista da cruz dos caídos levantada en 1939 por falanxistas no Outeiro da Obra, en Celanova.
O Comité advirte que este símbolo é unha exaltación pública e visíbel do golpe de Estado de 1936 contra a legalidade republicana, a guerra e a represión política durante a ditadura franquista, e pedirá a súa retirada polo Concello de Celanova, que é o órgano competente que sinala a Lei estatal de Memoria Histórica.
O manifesto, que se fai público este martes 16 de febreiro -coincidindo coa data das últimas eleccións da Segunda República-, está apoiado pola totalidade das entidades de memoria histórica da Galiza así como por outros colectivos que traballan neste ámbito, e inclúe asociacións de Asturias, Castela e León, Madrid e Euskadi.
ASINANTES DO MANIFESTO
Entre os asinantes do manifestos figuran 2 ex presidentes da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero, os fillos de figuras destacadas do republicanismo e o galeguismo na República e na posguerra, como Francisco Xabier e Luis, fillos de Celso Emilio Ferreiro; Víctor, fillo de Pepe Velo; e Luís Soto, fillo de Luís Soto, que acompañou a Castelao na xira diplomática en defensa da República durante a guerra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.