Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 16:46
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol acaba de facer público un comunicado no que recolle a "suspensión das procesións que leven consigo o uso da vía pública, en orde a evitar a concentración de persoas e garantir a saúde pública", unha medida que supón que por segundo ano consecutivo Ferrol quedará sen as súas tradicionais procesións.
A Semana Santa de Ferrol é unha das máis importantes de Galicia, xa que conxuntamente coa Viveiro, son as únicas na comunidade que están catalogadas coa distinción de Festa de interese turístico internacional.
Estaba organizada pola Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, conformada por cinco confrarías e máis de 3.000 confrades, moitos deles da cidade e outros chegados de distintos puntos do Estado que acoden cada ano para participar nesta representación relixiosa.
NORMAS SANITARIAS
Ademais, tamén se decidiu "coidar estreitamente as normas e recomendacións das autoridades sanitarias en calquera actividade alternativa que se puidese organizar durante eses días, contando cos preceptivos permisos administrativos".
Por outra banda, tamén se quixo "animar" a todos os membros das confrarías de Semana Santa a "coidar a participación nas celebracións litúrxicas e nos exercicios de piedade durante a Coresma e a Semana Santa".
No comunicado tamén se incita a "potenciar a dimensión sociocaritativa das confrarías, axudando aos máis vulnerables a través das entidades da Diocese, recoñecendo neles o rostro de Cristo que sofre e que se achega a cada un".
Por último, tamén se convidar a "participar nas celebracións litúrxicas da Semana Santa, tendo en conta en todo momento as disposicións das autoridades sanitarias, exhortando a todos os diocesanos a participar no Triduo Pascual nas respectivas parroquias e comunidades".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.