Galicia baixa das dez vítimas por covid tras semanas de récords

Vigo é agora a área con máis mortes, cinco das nove comunicadas pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Galicia volveu baixar das dez vítimas mortais por covid. Un dato que segue sendo moi triste pero que se compara cos 40 falecidos que houbo hai tan só dúas semanas semella un dato esperanzador que amosa que o peor da terceira onda xa pasou.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Segundo informou o Sergas, entre este martes e mércores faleceron nove persoas, sete o día 15 e dúas o día 17. A maior parte dos falecidos, cinco, son da área de Vigo, mentres que na da Coruña e Ferrol hai dous, respectivamente. Con estas mortes, Galicia suma xa 2.147 vítimas desde o inicio da pandemia.

Este é o parte facilitado polo Sergas:

Día 16:

Home de 83 anos, no CHUAC. 
Home de 68 anos, no CHUAC.
Muller de 103 anos, no CHUF (procedente da Residencia Mi Casa de Ferrol).
Muller de 88 anos, no CHUF. 
Muller de 86 anos, no  CHUVI.
Muller de 72 anos, no  CHUVI. 
Home de 74 anos, no CHUVI.

Día 17:

Muller de 67 anos, en POVISA. 
Home de 86 anos, no  CHUVI. 

Todos eles presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta