Por X.M. Fernández | Ribadavia | 24/02/2021 | Actualizada ás 09:30
Segundo informan da MIT de Ribadavia, a Deputación de Ourense vén de comunicarlles a achega para organizar a edición da mostra deste ano, achega recortada en 5.000 euros.
O Director Artístico da Mostra Internacional de Teatro, Roberto Pascual, amosa a súa decepción e sinala que nos últimos anos o apoio económico doutras institucións foi en aumento, como por exemplo o INAEM-Ministerio de Cultura, que pasou de 51.000 a 64.000 euros na edición de 2020. Actualmente, é a administración que máis apoio económico achega ao festival.
"A previsión para esta edición de recuperación económica, social e turística deste 2021 presenta un duro revés, ao anunciar a institución provincial a decisión de recortar as súas axudas para a 37ª edición deste prestixioso símbolo cultural de Ourense", comenta Roberto Pascual.
Dende a MIT e dende o Concello de Ribadavia solicitarase unha mellora e rectificación desta decisión de última hora, "triste e incomprensible", recalca o Director desta senlleira mostra de teatro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.