As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.205 tras outras nove mortes

Todos eles tiñan patoloxías pervias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.205 despois de que as autoridades sanitarias notificasen este mércores o falecemento doutras nove persoas que foran diagnosticadas coa covid-19.

En concreto, segundo informou a Consellería de Sanidade, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) faleceron dúas mulleres de 83 e 95 anos, así como un home de 80. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) perderon a vida unha muller de 96 anos e un home de 84 que recibían asistencia hospitalaria.

Ademais, unha muller de 65 anos morreu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), un home de 80 no Hospital do Salnés, e outro home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Tamén faleceu unha muller de 93 anos no centro integrado CEGADI, procedente dunha congregación relixiosa. Conforme ha a información da Consellería de Sanidade, todas estas persoas presentaban patoloxías previas.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta