Feijóo sobre a lei que axiliza proxectos eólicos, mineiros ou industriais: “Imos en serio”

O Goberno galego crea tres comisións na que estarán "todos os directores xerais da Xunta" para axilizar todos os trámites administrativos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

“Non queremos perder un minuto e creamos tres grupos traballo. Isto vai en serio e o compromiso é que os altos cargos se comprometan á simplificación --da xestion administrativa- real”. Contundente foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao falar da nova lei de simplificación administrativa que impulsou o PP e foi aprobada esta mesma semana na Cámara galega.

Esta lei axiliza a tramitación de proxectos industriais, eólicos ou mineiros, polo que foi moi criticada por distintos colectivos ambientais, sociais e tamén por partidos da oposición. “Non é unha declaración de intencións senón que queremos concretala e impulsala”, destacou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por iso, a Xunta decidiu impulsar tres comisións para avanzar no desenvolvemento dunha lei que pretende impulsar a actividade industrial. Estarán coordinadas desde a Consellería de Facenda e nela participarán "todos os directores xerais da Xunta" para que se poidan axilizar os trámites administrativos en todas as consellerías. “Trátase de buscar todas as fórmulas de subvencións posibles para estas empresas e tamén buscar pregos administrativos máis homoxéneos para todas”, defendeu Feijóo.Todos estes profesioniais coorindados pola conselelría de Facenda .

Instalacións da mineira en Touro.
Instalacións da mineira en Touro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta