Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 17:26
Entidades financieiras, grandes empresas, entidades empresariais e a Xunta. Eses son os posibles participantes dunha gran sociedade público-privada que terá como obxectivo impulsar proxectos covid. Polo momento, o Goberno galego xa anunciou que participará neste ente e amosaron o seu interese entidades bancarias, entre elas podería estar Abanca, e algunha grande empresa.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a entrada do Goberno galego nesta sociedade responde o interese por atraer proxectos das axudas europeas Next Generation a Galicia, pero non acabou de concretar cales serán as súas funcións concretas. “Recollemos a proposta do comité de expertos”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Ademais, dixo que xa hai semanas que desde o Goberno galego xa se leva falando desde hai semanas con entidades financeiras e tamén en empresas que amosaron o seu interese inicial por coñecer o funcionamento deste ente, ao igual que entidades como a Sociedad de Empresa Familiar e o Círculo de Empresarios. “Tamén se informou á Confederación de Empresarios de Galicia e ao ámbito sindical”, dixo Feijóo suliñando que “hai suficiente transparencia e claridade” sobre os seus fins.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.