Por Galicia Confidencial | Tordoia | 09/03/2021 | Actualizada ás 22:13
O Sergas decretou o peche do Punto de Atención á Infancia de Tordoia (PAI) ao detetectarse un positivo.
Segundo informa este organismo, todos os alumnos e alumnas do PAI son considerados "contactos estreitos".A Central de Seguimento de Contactos (CSC) porase en contacto cos seus proxenitores para darlles as indicacións oportunas.
Entre as recomendacións que dá están as de "facer os coidados/contactos dos fillos e fillas con máscara FFP2 e un mesmo coidador sempre na medida que sexa posible". O centro permanecerá pechado ata a data que determinen as autoridades sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.