Por E.P. | A CORUÑA | 11/03/2021 | Actualizada ás 10:56
O comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña denunciou a paralización da produción na fábrica "por falta de aluminio para reciclar".
Respecto diso, sinala que esuvo parada "desde que a UDEF --a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-- entrou na fábrica o pasado xoves", sinala sobre un operativo levado a cabo en distintos puntos de España. Ademais, engade que este mércores pola tarde "púxose en temperatura algún forno para fundir aluminio", pero que "esta madrugada de novo parouse a produción".
"Esta situación é insustentable", sinala o comité, que cualifica de "urxente" a adopción das medidas cautelares que solicitaron na Audiencia Nacional o pasado 5 de marzo tras o rexistro das empresas.
ACTA SANCIONADORA
Por outra banda, indica que a Inspección de Traballo enviou un informe "cunha nova acta sancionadora á empresa onde se pon de manifesto os continuos atrasos no pago de salarios e outros complementos salariais". "Incidindo na gravidade en que esa situación se fai discriminatoriamente coa representación sindical e legal dos traballadores".
Desta acta, afirma que "constata a vulneración doutros dereitos sociais aos que teñen dereito os traballadores e que están recollidos no convenio colectivo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.