Feijóo, a favor de que Galicia produza a vacina rusa

O Sergas ten que habilitar a CdC para unha vacinación masiva tras dicir que Galicia xa estaba preparada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que Galicia recibirá, "se se cumpre o comprometido" polo Ministerio de Sanidade, máis de medio millón de vacinas das distintas casas farmacéuticas o próximo mes de abril. En concreto, a Comunidade, na que xa se empezan a ensaiar probas de vacinación masiva, recibiría 156.000 doses cada unha das dúas primeiras semanas de abril e as dúas últimas, unhas 136.000, o que suman máis de 584.000 vacinas.

Vacina
Vacina | Fonte: A.Pérez - Europa Press.

Por iso, e a pesar de dicir en varias ocasións o propio presidente galego que Galicia estaba xa preparada para unha "vacinación masiva" e que só agardaba polas vacinas, agora recoñece que "hai que prepararse para unha eventualidade", tras quintuplicarse o número de unidades que chegarán a Galicia. 

"Hai que estar preparados para unha eventualidade e por iso temos que ter unha preparación lóxística", dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta na que defendeu a utilización da Cidade da Cultura para vacinar este sábado a 18.000 persoas. "Se tiveramos máis pois habilitariamos máis días", dixo. "Agora pasaremos de 37.000 unidades a 150000 e iso é unha gran noticia", suliñou.

VACINA RUSA

Preguntado sobre se estaría disposto a que Galicia produza unidades da vacina rusa Sputnik, Feijóo suliñou que "é o lugar con maior capacidade de producción de vacinas de Europa", en referencia á empresa Zendal, que antes producía vacinas para animais e agora xa produce para humanos, tras o acordo con Novamax. "Claro que me interesa que se produzan máis vacinas, sexan rusas, francesas, británics ou alemanas se están autorizadas pola Axencia Europea do Medicamento", indicou.

Ademais, tamén pediu un criterio común en Europa para administrar as vacinas de AstraZeneca xa que España, ao igual que outros países, decidiu non suministrala a maiores de 55 anos. "Hai que regular iso porque estamos todos baixo o mesmo paraugas porque é difícil de explicar que poidamos vacinar a unha persoa de 50 e non a unha de 79", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta