Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/03/2021 | Actualizada ás 21:12
Os servizos de extinción deron por controlado un incendio que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Inicialmente informouse de que o lume controlado situábase no concello ourensán de Muíños, na parroquia de Requiás.
Posteriormente, segundo figura na conta de Twitter a través da que a Xunta informa os incendios forestais, tras unha revisión por parte dos medios aéreos concluíuse que a superficie afectada pertence a territorio portugués e o lume "non chegou a entrar en Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.