Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/03/2021 | Actualizada ás 14:30
A Xunta de Galicia porá en marcha un total de 330.000 vales dotados con 30 euros que permitirán obter un 20% de desconto en compras realizadas no comercio de proximidade. Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que detallou que esta iniciativa se enmarca nas medidas de rescate ao sector tras a pandemia.
"Entregaremos 330.000 bonos gratis de 30 euros, que supoñen a capacidade de obter un desconto do 20%", sinalou o presidente, que explica que con esta iniciativa a Xunta aspira a mobilizar 55 millóns de euros en compras.
O máximo mandatario detallou que a Administración galega prevé activar a finais da próxima semana estes vales, que se porán en marcha a través dunha aplicación móbil e que contarán cun orzamento de 10 millóns de euros "ampliables en función da demanda".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.