Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 14:45
O BNG rexistrou iniciativas no Congreso --preguntas e proposición non de lei-- para reclamar ao Goberno central que se dirixa a empresas de aplicacións de xeolocalización co fin de que se respecte a toponimia de Galicia.
O deputado nacionalista Néstor Rego, censura o uso deturpado da toponimia oficial de Galicia, á vez que pide que se respecte ás linguas oficiais do Estado.
Lamenta que empresas como Google, que proporcionan aplicacións de xeolocalización, usen termos incorrectos para topónimos da Coruña (*La Coruña), Ourense (*Orense) e Lourenzá (*Lorenzana), por exemplo.
Reprocha que esta deformación de nomes tradicionais galegos "lembra a tempos pretéritos nos que o respecto polo idioma e a cultura galega brillaban pola súa ausencia".
O BNG refírese a que redes sociais como Facebook e aplicacións como Google Maps, que son empregadas por millóns de persoas, usan termos que "negan a realidade legal, cultural e social de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.