A Xunta dará 18.000€ á Semana Santa de Ferrol

A achega será realizada en concepto dun "patrocinio" na celebración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou "a importancia que ten a Semana Santa en Ferrol, nun evento recoñecido e cunha forte tradición, mesmo declarada Festa de interese turístico internacional desde hai varios anos, que leva moito traballo por detrás e que supón que unha cidade se volque nunha tradición".

"A Semana Santa ten procesións espectaculares, coñecidas en moitos sitios, cun sinal de identidade, pero este ano, por segundo consecutivo, non vai poder ser", sinalou Rueda, quen detallou que "tamén é Semana Santa e a Xunta quixo vir aquí a mostrar o seu apoio".

Ao non realizar procesións, por parte da Xunta de Confrarías decidiuse sacar a boa parte das imaxes á rúa, concretamente a dúas carpas que foron situadas nas prazas de Amboage e nas inmediacións do edificio de Capitanía, ademais de permanecer abertas estes días as igrexas e capelas que acollen representacións que habitualmente protagonizan os tronos, onde para poder contemplalas é necesario respectar un protocolo que conta coa aprobación das autoridades sanitarias.

Neste ano 2021 a Xunta achegará a través dun patrocinio algo máis de 18.000 euros á Semana Santa de Ferrol.

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta