Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 20:29
A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou o desmantelamento dos silos de Bunge Ibérica no peirao de Calvo Sotelo para así poder continuar co proceso para liberar os terreos que permitirán abrir o porto á cidade. As obras teñen un importe total de 78.000 euros e un prazo de execución de cinco semanas.
E é que Bunge Ibérica xa emprega o Porto Exterior, en Punta Langosteira, para a importación de cereais. Así, tal e como establece o acordo alcanzado coa Autoridade Portuaria, é a propia empresa a que asumirá os custos da demolición no peirao de Calvo Sotelo.
En concreto, a obra comprende a derriba do seis silos metálicos que integraban a concesión, ademais os elementos auxiliares como a escaleira exterior, tubaxes, depósito de aceiro, equipo de carga de camións, caseta de servizo, tubaxe de conexión co cantil e peche perimetral.
A previsión da Autoridade Portuaria, segundo informa nun comunicado, é que a zona de Calvo Sotelo quede liberada en 2022, co traslado das operacións a Langosteira e a outros peiraos do porto interior. Ademais, nos próximos meses desmantelaranse tamén as instalacións de Olesosilos de Galicia e levarán a cabo os traballos para adecuar o peirao de Batería para usos cidadáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.