O comité de Navantia Ferrol acusa o Goberno español de "non tomarse en serio esta empresa"

Critica a chegada á compañía naval do novo presidente, Ricardo Domínguez, en substitución de Belen Gualda, tras a marcha desta última para presidir a SEPI.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/04/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O presidente do comité de Navantia Ferrol, Emilio Garcia Juanatey (CCOO), acusou ao Goberno de "non tomarse en serio a esta empresa" tras a chegada á compañía naval dun novo presidente, Ricardo Domínguez, en substitución de Belen Gualda, tras a marcha desta última para presidir a SEPI.

Navantia.
Navantia.

Juanatey advertiu que se trata dunha compañía tecnolóxica e que hai "produtos complexos", ademais de que se atopa "nunha situación complicada cun plan industrial e un novo convenio", polo que estes cambios non axudan "para nada" á empresa.

En declaracións ás portas da factoría, García Juanatey lembrou que hai unhas semanas o comité xa criticou os cambios na dirección do estaleiro ferrolán.

"O que lle pedimos ao Goberno é un compromiso, pero non é serio tratar a unha empresa así. Isto non é un sitio onde ti vas pondo persoal de confianza para que faga o que ti queres, xa que aquí o que fai falta é un proxecto a longo prazo e que polo menos dentro dun mesmo Goberno non nos cambien estas cousas", sinalou.

En todo caso, esperou en que os cambios "non afecten os proxectos" en marcha e que polo menos se manteñan os prazos.

"O corte de chapa dos bloques do fondo das fragatas F-110 está previsto para febreiro do ano 2022 e xa saíu licitada a enxeñaría de destalle, que se comezará xuño, e por iso todo transcorre segundo a programación".

Noutra orde de asuntos, desde o comité de empresa de Navantia Ferrol volveuse demandar a construción dun buque ponte ata o inicio das F-110, ademais dos investimentos "para poder construír barcos no século XXI, coa execución dun dique cuberto, para poder traballar en prazos e custos".

Tamén rexeitou que a elección do novo presidente, de procedencia andaluza, poida supor un agravio en comparación aos estaleiros de Baía de Cádiz.

"Queremos crer que non, evidentemente nós queriamos que fose alguén máis vinculado á produción de Navantia, que coñeza mellor os procesos e como traballamos, pero queremos crer que isto non debería de ter consecuencias", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta