A RAG edita un novo exemplar de 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Carballo

A colección ofrece ata o momento os estudos sobre a toponimia dos concellos de Agolada, Ames, Trabada, Begonte e Rábade, así como os volumes da Estrada e de Carballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) editou un novo número da colección divulgativa 'Terra Nomeada', nesta ocasión dedicada á toponimia de Carballo. Nela, segundo informa, indágase na orixe e o significado de máis de 350 nomes de lugares deste concello

"A voz 'vixoteira', emparentada co verbo 'vixiar'ou con ver, non aparecen nos dicionarios e parece ser un endemismo lingüístico propio das terras de Bergantiños", cita a institución académica como exemplo dos datos que achega nesta publicación o filólogo Fernando Cabeza. A RAG edita 'Terra Nomeada' en colaboración coa Asociación de Onomástica Galega e co apoio económico da Deputación da Coruña.

A colección ofrece ata o momento os estudos sobre a toponimia dos concellos de Agolada, Ames, Trabada, Begonte e Rábade, así como os volumes da Estrada e de Carballo. Todos eles pódense consultar en liña na sección de publicacións de academia.gal.

Publicación sobre a toponimia de Carballo. RAG
Publicación sobre a toponimia de Carballo. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta