Manuel Lourenzo recibirá o premio de honra Fernando Rey na Gala dos Mestre Mateo

O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado a entrega de premios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/04/2021 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado, día 10 de abril, a Gala de entrega de premios da XIV edición dos Mestre Meteo, unha celebración na que o actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e docente Manuel Lourenzo recibirá o premio de honra Fernando Rey, en recoñecemento á súa prolifera traxectoria e á súa contribución á cultura galega.

O actor e dramaturgo Manuel Lourenzo
O actor e dramaturgo Manuel Lourenzo | Fonte: AGA.

A Academia Galega do Audiovisual destacou que a gala contará coa presenza do grupo De Vacas, que serán as encargadas de pór música en directo a este espectáculo dirixido por Perico Asorey e presentado por Lucía Veiga.

Como novidade, este ano, as redes sociais da Academia emitirán en directo 'O Recibidor dos Mestre', un programa previo á gala presentado por Marta Doviro, no que entrevistará a finalistas e convidados da presente edición a partir das 17,00 horas.

Coa celebración dunha gala presencial, que arrincará ás 18,00 horas, a Academia busca reivindicar a seguridade nos eventos culturais aplicando estritamente as directrices establecidas polas autoridades sanitarias: redución da capacidade do Teatro Colón conforme á normativa vixente, escaleta de acceso ao recinto para evitar aglomeracións, uso de máscara e xel hidroalcohólico, separación entre butacas e realización de probas PCR ás persoas integrantes do equipo técnico e artístico.

PREMIO DE HONRA

A Academia Galega do Audiovisual destacou que quere recoñecer a extensa e prolifera traxectoria de Manuel Lourenzo e a súa irreemplazable contribución á cultura galega.

Nado en 1943 en Ferreira do Valadouro (Lugo), desde principios dos anos sesenta desenvolveu unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais. Fundador de O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Elsinor Teatro e a Compañía Casahamlet, a súa vocación de docente converteuno en mestre de varias xeracións de intérpretes.

Figura referente no teatro e a creación dramática, foron dous personaxes audiovisuais os que lle deron unha inmensa popularidade entre o público: o pescador Melgacho, na serie Mareas Vivas e Vicente Otero, Terito, en Fariña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta