Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/04/2021 | Actualizada ás 17:33
Un equipo de investigación da Universidade da Coruña (UDC) traballa desde o pasado mes de novembro nun proxecto para medir o dióxido de carbono (CO2) nos seus espazos, coa localización de medidores nas súas instalacións para monitorar o nivel de concentración en diferentes dependencias universitarias para garantir espazos seguros.
Segundo informa o reitorado, o proxecto, coordinado polo adxunto do reitor para Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, Carlos Escudero, catedrático da área de Teoría do Sinal e Comunicacións do departamento de Enxeñaría de Computadores, conta coa colaboración do Servizo de Informática e Comunicacións.
Tamén o Servizo de Prevención de Riscos Laborais e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) a través dun proxecto COVID de GAIN (CEDCOVID, Ciencia e Enxeñaría de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19).
A UDC é a primeira universidade de Galicia, e das primeiras de España, en instalar medidores nos seus espazos, dentro dun proxecto de investigación de Intelixencia Artificial (IA).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.