Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 15:48
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- seguen coa tendencia ascendente e aumentaron a 458, que supoñen 15 máis que a xornada anterior, á vez que se incrementan as aulas inoperativas a 14 --unha máis-- e segue un centro pechado --unha escola infantil en Quiroga--.
Segundo os datos actualizados polas consellerías de Sanidade e Educación este venres, tras arrincar as clases despois das vacacións de Semana Santa sen aulas nin centros pechados, na actualidade hai un pechado --a escola infantil de Quiroga por un positivo-- e 14 clases inoperativas por positivos --ao sumarse unha en Marín (Pontevadra).
Por áreas sanitarias os casos activos increméntanse nas de Vigo (+5), A Coruña (+4), Santiago (+2), Ourense (+2), Pontevedra (+1) e Ferrol (+1), mentres se mantén sen cambios en Lugo.
Á cabeza dos casos activos sitúase a área de Vigo, onde soben a 122 as infeccións activas, cinco máis que a xornada anterior, e mantéñense en dúas as aulas pechadas --CPR Plurilingüe Alba e na escola infantil As Oliveiras de Vigo--.
Séguelle a da Coruña, que concentra 121 casos activos, catro máis que o día pasado, e dúas aulas pechadas --sen cambios--. Nesta destaca o IES Afonso X O Sabio de Cambre, con 8 positivos, un menos.
Mentres, na área de Pontevedra aumentaron a 84 as infeccións activas nos seus centros educativos, que supoñen un máis, mentres que ascenden a catro as aulas pechadas. Dúas delas en senllas escolas infantís no Grove e en Sanxenxo, ambas as dúas cun positivo; unha terceira no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra con catro contaxios; e súmase unha no CEIP do Carballal de Marín cun positivo.
En canto á área de Santiago experimenta un lixeiro incremento a 73 casos activos, dous máis, e continúa con cinco aulas pechadas. En concreto, as clases inoperativas sitúanse na Escola Infantil de Silleda e a Escola Infantil Cativos de Ribeira, ambas as cun positivo; no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces; e no CEIP Plurilingüe de Palmeira en Ribeira, onde hai dúas clases pechadas por cinco positivos.
Na área compostelá destaca o CPR Plurilingüe de Ventín no municipio coruñés de Ames con oito positivos por Covid. Pola súa banda, na área de Ourense soben a 29 os positivos, dous máis, pero mantense sen aulas pechadas --é a única xunto á de Ferrol--. O centro con máis positivos é o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, con seis.
Á COLA
As dúas áreas con menos casos activos son as de Lugo e Ferrol. No caso da primeira continúan en 17 as infeccións activas e segue unha aula inoperativa, así como un centro pechado, o único de Galicia, a Escola Infantil de Quiroga, por un positivo.
E á cola dos casos activos nos seus centros educativos sitúase a área de Ferrol, con 12 --un máis--. Esta non conta con aulas pechadas pola Covid-19.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.