O asasinato de Asunta chega ao Parlamento

O BNG critica aos medios polo tratamento do caso e denuncia que se "obviaron" os principios do Código Deontolóxico do CPXG. Pesenta unha iniciativa na Cámara para instar á Xunta "cumprir" este código.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2013 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O BNG quere que a Xunta se implique no tratamento que a morta da nena Asunta Basterra, de cuxo crime se responsabiliza aos seus pais Alfonso Basterra e Rosario Porto.

A Guardia Civil no lugar que apareceu o cadaver da rapaza asasinada
A Guardia Civil no lugar que apareceu o cadaver da rapaza asasinada

Esta formación nacionalista considera que os medios de comunicación "obviaron ou incumpriron moitos do dez puntos" das recomendacións do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia sobre os casos de violencia que afecten a menores tras o tratamento da morte da nena Asunta Basterra.

Por iso, o grupo parlamentario do Bloque rexistrou este mércores unha proposición non de lei coa que pretende instar á Xunta a "analizar e impulsar, no seu caso, o cumprimento por parte dos medios de comunicación, públicos e privados, dos códigos deontolóxicos e das recomendacións" sobre estes casos.

Protección do menor

"O crime de Asunta Basterra fixo saltar todas as alarmas sobre un tratamento informativo que mesmo pode chocar coa protección do menor, da súa imaxe e intimidade", sinala a ponente, Carme Adán, nun comunicado.

O Bloque insiste en que o tratamento informativo da imaxe dun menor "é unha cuestión complexa e de máxima importancia", polo que espera o apoio do resto dos grupos do Parlamento de Galicia.

Tamén este mércores coñecíase que a Asociación Clara Campoamor, de defensa dos dereitos da muller e da infancia, se persoa como acusación particular neste caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Walton

Probablemente, a cámara, cos votos do partido franquista, naturalmente, acabará outorgándollo algún premio á Coz de Malicia e ao tal Xurxo Melchor, que demostraron o seu nivel ético no tratamento deste caso.