Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 20:42
O concurso de cancións orixinais en galego 'Cantalingua' regresa esta primavera como primeira convocatoria do 'Correlingua 21', que ten previsto celebrarse durante o outono baixo a lema 'Inmunízate co galego'.
Antes, ata o próximo 31 de maio estará aberto o prazo para a presentación de propostas musicais que opten a entrar no palmarés de 'Cantalingua', o concurso pensado para bandas e solistas que aposten polo galego nas súas letras.
As cancións deberán ser orixinais, estar compostas en lingua galega e presentarse en formato mp3 xunto cunha fotografía e presentación. Os temas serán publicaoas en web e redes sociais de 'Cantalingua'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.