Por GC Tendencias | Galicia | 06/10/2013 | Actualizada ás 09:35
Sempre quixeches ser actriz?
Como xurdiu o teu desexo pola actuación?
Vendo "Os Goonies". Víaa todas as noites antes de deitarme ("Mary Poppins" tamén, pero diso xa non me sinto tan orgullosa...). Eu tamén quería saír na tele e contar como encontraba un barco pirata cheo de tesouros.
A túa familia apoiouche?
Si claro! dende o principio
Fixeches amigos neste traballo?
Moitos e moi bos.
Segundo ti, cuales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?
ACTUAR, saber transmitir o que o personaxe esixe e que o espectador /público o capte.
Cres que é difícil o teu traballo?
Si. Non é só difícil o traballo senón traballar
Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?
Ufff esta é difícil. Nestes momentos un soldado nunha peli bélica.
Como definirías coas túas palabras un bo actor?
Aquel que consegue que creas o que conta e que te sorprende con cada traballo. A versatilidade é moi importante.
Que non te atreverías a facer en actuación?
Sexo explícito
Arrepínteste de algo que fixeches na vida?
Non
Cres que nun actor o físico e o éxito van da man?
Non, creo que ter un físico determinado ten os seus pros pero tamén as súas contras.
Veste actuando toda a vida?
Encantaríame poder dicir nalgún momento que dediquei toda a miña vida a traballar do que realmente me gusta.
Es das que se preocupan polo físico ou por verse ben?
Depende do momento e circunstancias. Inténtolle dar a importancia que ten.
Es tímida?
En xeral non.
Por último, Que destacarías de Galicia para animar a que a xente a visite e que o inclúa entre os seus destinos turísticos?
Galicia teno todo: paisaxes, gastronomía, cultura, historia... E xente incrible. Non fai falta vendela, véndese soa
Sabela Arán Román
Representante: José Triana - www.josetriana.com
Twitter: @Sabela_aran
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.