Máis de 200 casos de variante británica confirmados en Galicia, nove de surafricana e máis de 20 de brasileira

Hai 15 casos informados de surafricana que son "compatibles" co patrón, pero aínda están pendentes de confirmación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Galicia ha suma 240 casos de variante británica confirmados, despois de realizar a secuenciación do virus. Ademais, ten notificados 24 casos de variante surafricana, dos cales nove xa foron secuenciados e outros 15 só informados.

Os datos achegados este mércores pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, tamén revelan que eses 15 casos informados de surafricana son "compatibles" co patrón pero aínda están pendente de confirmación.

Durán Parrondo explicou que Saúde Pública ten notificado un caso da P2 brasileira, a variante menos común, e sobre a que dixo que non ten "impacto". Ademais, da P1, a que "todos coñecemos" como variante brasileira, hai 18 casos notificados. Ademais, hai outros 24 casos de variante surafricana e brasileira en estudo.

Carmen Durán salientou que as medidas que se recomendan por parte do comité clínico son válidas para todas as variantes de SARS-Cov-2: dobre hixiene de mans, distancia social e a menor interación social posible.

Un traballador sanitario sostén unha vacina contra o Covid-19 de Astrazeneca
Un traballador sanitario sostén unha vacina contra o Covid-19 de Astrazeneca | Fonte: Alberto Ortega - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta