O alcalde de Beade insiste en que "non molesta a ninguén" co seu apoio a Franco

"Eu son o que son e seguireino sendo", di ao anunciar que se presentará, novamente, para alcalde e espera que sexa "coas siglas do PP". O subdelegado do Goberno en Ourense apunta a un "grupo independentista" como autor da bomba.

Por Galicia Confidencial | Beade | 07/10/2013 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

"A miña idea non ma saca ninguén e non molesto a ninguén con ela". Así de rotundo se manifestou Senén Pousa, o acalde popular de Beade, cuxa Casa do Concello foi obxecto, esta madrugada, dun artefacto explosivo que provocou grandes danos materiais.

Senén Pousa á saída da misa na honra de Franco que organizaba en Beade
Senén Pousa á saída da misa na honra de Franco que organizaba en Beade

Precisamente, unha das hipóteses que se baralla para a colocación desta bomba en Beade é a simpatía do rexedor polo dictador Francisco Franco a quen lle ten realizado xa varias homenaxes.  Con todo, e a pesar do acontecido este luns, Pousa insistiu en que non vaia cambiar a súa postura cara ao Franquismo. "Todo o mundo podemos dar declaracións, o que digo é o que sinto, e son o que son e seguireino sendo", dixo en relación coas súas simpatías franquistas.

Senén Pousa volverá presentarse as eleccións

Por iso, e tras repetir como rexedor por maioría absoluta durante os últimos anos, suliñou que se volverá a presentar ás eleccións. "Espero facelo baixo as siglas do PP porque todo o que fas polo teu pobo é pouco", indicou.

A este respecto, o subdelegado do Goberno en Ourense, que visitou o concello en compaña do rexedor, indicou que Pousa "é o alcalde democraticamente elixido polo pobo".  Ademais incidiu en que "nun país democrático as ideas deféndense nas institucións" e sinalou que "algo ten que ver este caso con outros de Galicia nestes tempos".

Un "grupo independentista"

Sobre a autoría da explosión, o alcalde popular explicou que non ten sospeitas e que "o pensamento pode ir moi lonxe". Así, lembrou que hai 13 anos estivo ameazado por ETA e que mesmo lle quixeron pór escolta pero que, como é agricultor, non a quixo.

Sen embargo, o subdelegado do Goberno salientou que non se pode afirmar categoricamente se os autores do ataque poden ser un "grupo independentista", pero suliñou que "pola forma de estourar e as circunstancias pódese apuntar nesa dirección".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 morasleira

Grazas a vos, Senén ten propaganda gratuita. Aposto a que acada maioria absoluta nas próximas. Contra a intolerancia so vale a ignorancia e estase a facer todo o contrario.

4 pjrngw

Ave María purísima. Queridos hermanos de este santo foro: Aún quedan hombres patriotas y temerosos de Dios en nuestra Patria, como esos rústicos aldeanos de un municipio de esa enxebre y cristiana región gallega que eligen como alcalde a un hombre que, inasequible al desaliento, permanece firme y fiel a los Principios Fundamentales del Movimiento y no cree en formas de democracia inorgánica ajenas a la idiosincrasia de los españoles, que vivían perfectamente en aquella España feliz, con una democracia orgánica dirigida con pulso firme por nuestro llorado e invicto Caudillo. En estos tiempos de crisis y zozobra, provocadas por el comunismo internacional aliado de Satanás y que junto al lobby homosexual está llevando al honrado pueblo español a la miseria, aun nos quedan mentes lúcidas que, de la mano del PP, son ejemplo imperecedero para todos los buenos españoles a los que los eternos enemigos de Dios y España quieren llevar a la perdición. Palabra de Dios.

3 Santa Caralha

O nacionalismo galego sempre teve problemas para aceitar a Galiza fascista... Pois existe, é numerosa, é consciente, é militante, vota no PP e nem todos são analfabetos ou alienados. A realidade é dura mas haverá que i-la assumindo duma vez...

1 Propiedade

Se a Galiza fascista é o nacionalsocialismo fascista español habería que falar da influencia da España fascista na Galiza. Existe espazo para unha Galiza fascista e existiron intentos que non callaron.

2 Spidercan

O que máis me doe é o analfabetismo que hai. A xente emigra non só económicante. É que estar rodeado destes cavernarios ten que ser odioso. Ten que ser espeluznante. Saber que vives nunha comunidade de vicinhos que dan vergonha. De onde és? Tes que dicir que és apátrida ou doutro sitio. Tes que sentir vergonha dos teus pais, vicinhos, familia si és un pouco normal. E o PP, os que sí saben, os seus cargos altos, deixan que militen no seu partido non só Fraga, o seu fundador, senón estes fascistas declarados e noxentos. Mágoa de país. País de emigrantes. Pero non só económicos, tamén sociolóxicos.

1 Ananólogo

Non é para tanto, non financiou con cartos do Concello unha feira de recordos nazis nunha escola municipal como no Concello de Quijorna, Madrid. Non vexo a relación cos pais e a terra. Ti saberás se a túa ideoloxía fai aos fillos responsábeis das accións dos país, ate a terceira xeneración, coido que no vello Testamento, mais iso achégate ao individuo. Lémbroche que o tal Senén non emigrou a ningún lado: agricultor xubilado, di a Wikipedia. De ter emigrado pode que non fora tan bruto, aínda que teñen a súa Leiría tamén algúns emigrantes.

2 Manda_votos

Ainda hai algo máis vergoñento! Este vaise presentar ás eleccións de novo porque sabe que vai ter unha chea de fanáticos que o van seguir. Basta que teña un atentado para que a pseudo-alfabetizada xente o siga con máis paixón. Arriba fulano! porque lle fastidia a mengano! E o mengano e o inimigo! os que tentan desfacer todo o tinglado do que algúns ainda viven. En resumo, non descartar que nas próximas votacións obteña máis que nunca...así debe ser o fanatismo. Saberán estes cantos inocentes morreron por ir contra quen o seu alcalde defende?

1 Mermoriaxustizareparacion

Estamos entre dúas violencias, a dun cargo que aproveita o poder para facer apoloxía de crimes de lesa humanidade que a Comunidade Internacional intima a España a xuzgalos e condenalos, e unha peligrosa pedagoxía de que postos a xogar á ilegalidade todo vale.