Cuntis, un tesouro de termas romanas

Hai uns días, coñecíase a existencia do que pode ser un novo baño romano en pleno centro de Cuntis, na rúa Real. Non é o único. Hai uns anos, aparecía o que pode ser outra gran terma preto da igrexa de Santa María dos Baños. Dous achádegos que fan desta vila un auténtico tesouro romano.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 12/10/2013 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Quizais para comezar a falar con certo rigor sobre este asunto, o do baño romano de Cuntis, habería que sinalar que, moi posibelmente, non existise un senón varios. Non poucas estruturas teñen aparecidos en momentos diversos da historia moderna. E agora que estes días se está a estender con bastante ímpeto a redescuberta do baño romano da rúa Real de Cuntis, cumpriría falar de que hai anos –concretamente en 1994- na horta reitoral de Santa María dos Baños (outrora do mosteiro altomedieval de Santa María de Termis) unha tivo o desafortunado inconveniente de caer nunha especie de burato, de considerábeis dimensións, que estaría a unha profundidade sobre o nivel do chan dun par de metros.

Emprazamento onde se atoparía o baño romano da rúa Real de Cuntis
Emprazamento onde se atoparía o baño romano da rúa Real de Cuntis | Fonte: H.P.

Lembro, perfectamente, o seu tamaño –de non menos de dous metros e medio de luz–, coa súa parte superior abovedada, realizada de tixolo (ou argamasa) e con auga que, no seu chan, que deixaba un residuo leitoso (anunciando a súa característica de auga termal sulfurada). Mercé da descrición que lle entregamos ao arqueólogo Vicente Caramés Moreira puido achegar este investigador que, moi posibelmente, se tratase dunha infraestrutura termal de época romana (se cadra un hypocaustum). Fose o que for, esa gran cova (da que demos descrición nas revistas Tapa e Museo de Pontevedra) aínda fica soterrada na horta reitoral, logo de que con urxencia a escondesen os operarios do Concello. Quen sabe o que habería dentro,...! Realmente hai cousas que lle dan verdadeiro pavor á administración pública, e algunhas teñen que ver coa recuperación do patrimonio! Se cadra algún día haberá que comezar a entender que conservación do patrimonio e recuperación histórica non deben crear desavinzas co progreso, senón todo o contrario, pódense dar a man cordialmente, xa que a protección do vetusto pode axudar na dinamización económica dun territorio. Pero claro, aínda existen medos no interior da caverna.

E non creo eu que tivese nada que ver esta actitude –a do tápame tápame– cun intento de emular a Xacobe Fernández Mariño, aquel catedrático da universidade de Compostela e médico balneario de “Caldas de Cuntis” e Caldas de Reis que, ao realizar certas obras na rúa Real da vila cuntiense, bate cun baño romano de considerábeis dimensións. Non menos de 3.75 metros de lado tiña a piscina case cuadrangular elaborada en argamasa que atopa o ilustrado medico no ano 1831, concretamente no mes de xuño. Este baño, que distaba 25 metros pouco máis ou menos da casa da Virxe (antano hospital e casa da beneficencia cuntiense), posuía catro fontes de auga quente termal, unha en cada vértice do cubículo. Decorábase cunha inscrición moi antiga (que desfixeron os operarios) e que se topaba ao carón dunha especie de coroa, xunto a unha figuriña de metal, que Fernández Mariño considerou que se podería tratar dun Edil Romano. O interese por esta descuberta, ou redescuberta mellor dito, mercé da documentación que puidemos consultar, fai que a veciñanza da vila do Baño, en Cuntis, se interese en bo grao polo achado, como así o fan numerosos investigadores de recoñecido prestixio galego (Manolo Gago, Silvia González Soutelo, Fernando Acuña, Vicente Caramés,...). Coa colaboración doutros investigadores: Martiño Picallo e Diego Torres Iglesias, chegamos á conclusión de que o baño debería seguir aí, ao pé da rúa Real (hoxe rúa do Balneario), ao carón da burga que gorgolexa historia entre o xofre e a pedra labrada. Quizais agarda a que alguén o saque das tebras, que aire os seus vapores condensados durante centos de anos entre as paredes arxilosas e de granito. Tesouro escondido que busca claridade, esa que e en bo xeito deita o documento que mellor detalla a descuberta de Fernández Mariño (1844). Este di así:

En el mes de Junio del año de 1831 he descubierto debajo de un manantial de agua mineral, que brotaba en el centro del pueblo, un grande baño de construcción romana, a la profundidad de dos varas bajo el nivel de la calle principal, con paredillas muy compactas, formadas de argamasa y piedras muy menudas, en cuya capacidad hueca de doce pies, cuatro pulgadas y cuatro lineas y media de longitud; y doce pies, una pulgada y nueve lineas de latitud, se acomodan cuarenta bañistas a la vez, su fondo enlosado de guijos de diferente magnitud y figura irregular, sin pulimento, presenta cuatro abundantes manantiales que le llenan en una hora y veinte minutos de agua mineral sulfurosa a la temperatura de 43 º Reaumur (53º Centígrados). Sobre una pared de este baño se halló una pequeña estatua de metal, que figura ser un Edil romano, y una inscripción en lo interior de la pared, al lado de una corona, que desgraciadamente destruyeron los operarios. Con la descripción de este baño he remitido copia dibujada de la estatua a la Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirujía, en cuyo archivo debe existir. El local de este baño situado en medio del pueblo, al borde de la calle y la carretera principal no me permitió darle otro cultivo que cerrarlo perfectamente sin alterar su fábrica, elevando sus antiguas paredes, cubriéndolas con piedra de sillería, y dividiendo toda el agua en dos porciones iguales, una para fuente pública continua, y otra para conducirla por una cañería a la casa de baños nº 5, nombrada de Sta. María, que dista treinta y ocho pasos, y emplearla en baños de chorros y estufas. De este modo permanece actualmente”.

Sabemos que a conservación do patrimonio nos corresponde a todas/os, pero debe ser a administración a que, en cumprimento da lexislación, conserve os elementos propios do noso acervo cultural. Ánimo!.

Escrito no que o médico Xacobe Fernández Mariño dá conta da descuberta do baño da rúa Real de Cuntis
Escrito no que o médico Xacobe Fernández Mariño dá conta da descuberta do baño da rúa Real de Cuntis | Fonte: H.P.

Artigo do colaborador de GC, Héitor Picallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta