Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/04/2021 | Actualizada ás 22:00
Diversos colectivos que atenden a persoas con distintas discapacidades denuncian a total marxinación de traballadores e usuarios no actual proceso de vacinación.
Nun comunicado, os directores de centros asistenciais da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas de Galicia expresaron a súa "preocupación" pola "progresiva marxinación" coa que o Goberno galego trata este tipo de dispositivos sanitarios, que tratan anualmente a máis de 13.000 persoas con adiccións.
Neste sentido, reprochan que non se considere ao seu persoal como "de risco" a pesar do seu contacto diario con pacientes e lamentan que "máis da metade" do persoal destes centros está sen vacinar.
Pola súa banda, a asociación Amicos iniciou unha recollida de firmas para solicitar ás administracións que se "priorice" a vacinación das persoas con discapacidade e grandes necesidades de apoio, así como tamén aos seus coidadores principais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.