O falecemento dunha muller eleva a 2.382 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia

Trátase dunha muller de 87 anos que morreu no CHUAC.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/04/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O falecemento dunha muller notificado este sábado polas autoridades sanitarias elevou a 2.382 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia.

Unha das UCIs do CHUAC
Unha das UCIs do CHUAC | Fonte: Remitida.

En concreto, Sanidade informa do falecemento dunha muller de 87 anos que tivo lugar este venres no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Así mesmo, trasladouse que esta muller, que fora diagnosticada de coronavirus, presentaba patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta