Por que coreanos do Norte cantan en galego?

Un vídeo de artistas coreanas cantando a popular canción "vai lavar a cara" está circulando polas redes causando sorpresa entre os usuarios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O delegado especial do comité de Relacións Culturais no Estranxeiro da República Democrática Popular de Corea compartía no seu perfil de twitter un vídeo de artistas do país cantando a popular canción "Vai lavar a cara", acompañada do jkayagum, unha cítara tradicional. 

O líder de Corea do Norte, Kim Jong-Un
O líder de Corea do Norte, Kim Jong-Un | Fonte: EFE

O vídeo subiuse a Youtube no 2017 e actualmente circula polas redes sociais. Ante a sorpresa dos usuarios, moitos son os que se preguntan pola súa orixe e contexto. A actuación enmárcase dentro da programación do Xacobeo de 1993, ano no que se potenciaron os intercambios culturais, musicais e festivais para promover os intercambios co exterior. Entre estes festivais destacaron o Festival Internacional de Músicas do Camiño, que reuniu a máis de tres mil músicos e 70 grupos internacionais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Daniel

Boas tardes!!. A noticia non é totalmente exacta e todo ten unha explicación. A interpretación desta peza en Galego "O voso galo comadre" que aparece no video foi interpretada no ano 1990 no concello de A Estrada durante a celebración da Romaría Internacional cuxo director e fundador foi meu pai Bernardo Valiño durante 21 anos. El foi en persoa a Corea do Norte invitado polo goberno do pais e alí puido ensinar a estes maravillosos artistas coreanos esta cancion ademáis do himno galego que tamen interpretaron en Galicia no transcurso da Romaría Internacional. Gustosamente adxunto o meu email por si desexan contactar conmigo para ampliar máis información. Un cordial saudo. Daniel Valiño. davano2@hotmail.com