Galicia sofre a maior suba de paro de todo o Estado no primeiro trimestre

Hai 15.700 persoas máis sen traballo e destruíronse 21.200 empregos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

O paro subiu en 15.700 persoas en Galicia no primeiro trimestre de 2021 en comparación cos tres meses anteriores (+11%), de forma que o total de desempregados elévase a 158.300, cunha taxa do 13%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados este xoves.

Este incremento é o maior do Estado, por encima de Castela e León (+9.900), o que contrasta coa caída media en España de 65.800 desempregados (-1,77%). Pola súa banda, no primeiro trimestre destruíronse 21.200 empregos en Galicia, polo que os ocupados quedan en 1.059.800. O retroceso galego é do 1,96%, máis do dobre que no Estado (-0,71%), onde se perderon 137.500 empregos.

Evolución do paro en Galicia. EPDATA
Evolución do paro en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

PERDA DE EMPREGO EN TODOS OS SECTORES

Igualmente, hai unha perda de emprego en todos os sectores galegos nos tres primeiros meses de 2021. O maior impacto en cifra porcentuais prodúcese na construción (-7%), con 5.300 traballadores menos. Con todo, a industria rexistra sofre o descenso máis acusado en datos totais, con 5.800 persoas menos (-3,3%).

A agricultura e a pesca perde 4.400 empregos (-6,2%) e sector servizos conta con 5.600 traballadores menos (-0,7%). En comparación co primeiro trimestre de 2020, obsérvase un esborralle de 22.400 traballadores na industria (-11,7%). O resto de sector tamén vai á baixa, salvo o sector servizos, con 7.000 empregos máis (+0,9%).

Este descenso ten tamén que ver cunha forte caída da contratación temporal. En Galicia, había 851.800 persoas asalariadas no primeiro trimestre (-1,3%), 653.000 con contrato indefinido e os 198.800 restantes con temporal. No tocante aos temporais, hai un afundimento de 12.600 empregados (-6%) en comparación co último trimestre de 2020. Supón un esborralle de 20.000 persoas (-9,1%) fronte a un ano antes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta