Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 17:49
Seis artistas, todas elas mulleres, dialogan a través das súas pezas coa paisaxe do monte Gaiás, casa da Cidade da Cultura de Santiago, nunha nova edición do ciclo 'Reb/veladas'.
Aínda que todas as intervencións do ciclo nacen coa intención de ser temporais, algúns traballos terminaron formando parte dos espazos da Cidade Cultura, como, por exemplo, a caixa de correos en forma de pirámide creado por Alicica Framis e o coñecido como 'banco do peregrino', obra de Clara Montoya.
Este sábado tivo lugar a inauguración da terceira edición do ciclo 'Reb/veladas' nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen resaltou que cinco do seis protagonistas das intervencións son de orixe galega.
E é que 'Reb/veladas' volve apostar polo talento feminino con María Marco, Elena Bangueses e Violeta Janeiro como comisarias e Amaya González, María Xosé Díaz e Alexandra R. Rei como artistas encargadas dunha serie de intervencións artísticas nas que interactúan coa contorna do complexo que acolle o compostelán monte Gaiás.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.