Os casos activos de covid-19 en centros educativos soben a 631 e as aulas pechadas descenden a 34

Os casos actUn centro segue clausurado, a escola infantil unitaria de Cerdedo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/05/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia seguen con tendencia ascendente e aumentan a 631, que supoñen 22 máis que a xornada pasada, mentres que as aulas pechadas redúcense a 34 --oito menos-- e un centro segue clausurado debido á incidencia deste coronavirus, a escola infantil unitaria de Cerdedo por un positivo.

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula | Fonte: Iván Terrón - Europa Press - Arquivo.

Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas aumentan nas áreas de Pontevedra (+12), A Coruña (+4), Vigo (+3), Santiago (+3) e Ourense (+2), mentres que baixan na de Lugo (-2) e mantéñense sen variación na de Ferrol.

A área de Vigo sitúase á cabeza con máis contaxios, 197 --tres máis que a xornada anterior-- e reduce a 15 as aulas pechadas --dúas menos--, catro delas no IES San Paio de Tui, que conta con nove positivos. Pola súa banda, o CPR Plurilingüe Bouza Brey acumula 15 infeccións activas, unha menos.

Séguelle a área da Coruña, con 172 casos activos --catro máis-- e nove aulas pechadas --tres máis--. Nesta, o IES Isidro Parga Pondal de Carballo mantense á cabeza de contaxios, con 10 --sen cambios--.

Tras ela, a área de Pontevedra conta con 109 contaxios --12 máis que a xornada anterior-- e reduce a tres as aulas pechadas --tres menos--, mentres que se mantén co único centro inoperativo de Galicia pola incidencia da Covid-19, a Escola Unitaria de Cerdedo por un positivo. O CEIP de San Roque de Vilanova de Arousa, situado nesta área sanitaria, destaca con 16 contaxios como o centro de Galicia con máis casos activos, que supoñen dous máis que a xornada anterior.

Pola súa banda, a de Santiago rexistra un lixeiro aumento ata os 78 casos --tres máis--, mentres caen a cinco as clases pechadas --cinco menos--. Nesta área o centro con máis positivos é o IES Nº 1 de Ribeira, con seis casos.

Mentres, a de Ourense suma dúas casos e elévanse a 35, mentres que as aulas clausuradas pola incidencia da Covid-19 redúcense a unha --unha menos--.

E con menos casos de Covid en centros educativos de Galicia mantéñense as áreas de Lugo e Ferrol. A primeira delas experimentou un lixeiro descenso a 29 contaxios --dous menos-- e por terceira xornada consecutiva segue sen clases pechadas pola incidencia deste coronavirus. O CPR Plurilingüe San José destaca con máis infeccións activas, con seis.

Finalmente, a área de Ferrol mantén 11 casos activos deste coronavirus distribuídos en oito centros e reduce a unha as aulas pechadas --dúas menos-- debido á incidencia deste coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta