Rapaces de diferentes institutos de Galicia usan a radio para loitar contra as inxustizas

A través do proxecto Activistas polo mundo que queremos fan programas radiofónicos para combater o machismo, o consumismo e o racismo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Case cincocentos alumnos de institutos galegos participan nun obradoiro que consiste en facer dende as súas aulas programas de radio para combater o machismo, o consumismo e o racismo. O proxecto  chamado Activistas polo mundo queremos, foi densenvolvido por tres ONGs galegas e está integrado na plataforma Plan Proxecta da Consellería de Educación e financiado por Cooperación Galega. O seu obxectivo é  fomentar un alumnado mais critico, participatvo e corresponsable.

Alumnos do instituto CPI As Mirandas de Ares facendo un programa radiofónico - Fonte: cedida
Alumnos do instituto CPI As Mirandas de Ares facendo un programa radiofónico - Fonte: cedida

En obradoiros anteriores os mozos aprenderon o que significa ser unha persoa activista gracias ás charlas virtuais que mantiveron con activistas dominicanas e salvadoreñas. Despois dedicaron varias semanas a investigar e facer guións das súas reportaxes e agora tócaslle gravar os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

Os centros que participan este ano son o CPI As Mirandas en Ares o CPI Plurilingüe de Castroverde, o IES Primeiro de Marzo de Baiona, o IES Miguel Ángel González Estévez de O Carril, o CPI do Toural de Vilaboa e o CPR Rosalía de Castro de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta